aboutsummaryrefslogtreecommitdiffstats
path: root/galician/intro/free.wml
blob: df834d30081911cb88af08474b873e6ba14ddb23 (plain) (blame)
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
#use wml::debian::template title="Que significa libre?" NOHEADER="yes"
#use wml::debian::translation-check translation="e403c012715a62dde46972bea951beccc75461d4"

Que significa libre? <tt>ou</tt> Que se quere dicir con software libre?

Nota: En febreiro de 1998 un grupo moveuse para substituír
o termo «software libre»
por «software de código
aberto». Ambos se refiren en esencia ao mesmo.

Moita xente que chega nova ao software libre atópase confusa porque a
palabra «libre» no termo «software libre» non se usa da forma que esperan. Para
eles o termo «libre» significa «gratis». Un dicionario inglés lista polo menos
vinte definicións distintas para o termo «libre». Só unha delas é «gratis». As
demais refírense á liberdade e á falta de restricións. Cando falamos de
software libre falamos de liberdade, non do prezo.

O software que é libre só no sentido de que non ten que pagar por usalo,
dificilmente se pode considerar libre. Pode que lle prohiban prestalo, e
con case total seguridade lle impedirán melloralo. O software cunha licenza
gratuíta é normalmente unha arma nunha campaña de márketing para promocionar
un produto relacionado ou para sacar a un competidor do mercado. Non hai
ningunha garantía de que vaia permanecer libre.

O software libre de verdade sempre é libre. O software que pasa ó dominio
público pode ser usado en aplicativos non libres. Calquera mellora que se lle
faga será perdida pola sociedade. Para permanecer libre, o software debe ser
rexistrado e licenciado.

Para os non iniciados, un software é libre ou non o é. Na vida
real isto é moito máis complicado. Para entender o que implica cando a xente
fala de software libre debemos dar unha volta polo mundo das licenzas de
software.

Os dereitos de autor son un método para protexer os dereitos do creador de
certos tipos de traballos. Na maioría dos países, o software que se escribe ten
dereitos de autor automaticamente. Unha licenza é a forma que ten o autor para
permitir o uso da súa creación (software neste caso) por outros, de forma que
lles resulte aceptable. É responsabilidade do autor incluír unha licenza que
declare en que forma o software pode ser usado. Para ver unha discusión formal
sobre os dereitos de autor consulte
https://www.copyright.gov/.

Por suposto, diferentes circunstancias precisan diferentes licenzas.
As compañías de software buscan protexer os seus negocios, polo que só publican
código compilado (que non é lexible por humanos) e poñen moitas restricións
sobre o uso do software. Por outra banda, os autores de software libre buscan
normalmente unha combinación do seguinte:

Non permitir o uso do seu código en software privativo. Xa que publican o
seu código para o uso de todo o mundo, non queren que outros o rouben. En ese
caso, o uso do código vese como unha confianza: podes usalo, sempre que xogues
cas mesmas regras.

Protexer a identidade da autoría do código. A xente está moi orgullosa do
seu traballo e non quere que veña ninguén a quitar o seu nome e reclamar que
o escribiu el.

Distribución do código fonte. Un dos problemas ca maioría do código
comercial é que non podes arranxar fallos ou personalizalo xa que o código fonte
non está dispoñíbel. Moitas licenzas libres obrigan á distribución do código
fonte. Isto protexe ao usuario permitíndoo personalizar o software segundo as
súas necesidades.

Forzar calquera obra que inclúa parte do seu traballo (chámanselle
traballos derivados nas discusións dos dereitos de autor) a usar a
mesma licenza.

Moita xente escribe a súa propia licenza. Isto non está ben visto,
xa que escribir unha licenza que faga o que un quere implica asuntos sutís.
A miúdo a redacción é ambigua, ou créanse condicións en conflito con outras.
Escribir unha licenza que se teña que defender nun xulgado é inda máis
difícil. Afortunadamente, xa existen diversas licenzas escritas que
probablemente fagan o que quere.

Tres das licenzas máis difundidas son:

A GNU General Public
License (GPL). Pode atoparse información básica sobre licenzas de
software e unha copia da licenza no
sitio web de GNU.
Esta é a licenza libre máis comunmente usada en todo o mundo.

Licenza artística.

Licenza BSD.

Algunhas das características que estas licenzas teñen en común.

Pode instalar o software en tantas máquinas como queira.

O software pode ser usado por calquera número de persoas ao mesmo tempo.

Pode facer tantas copias do software como queira e darllas a quen queira
(distribución libre ou aberta).

Non hai restricións para modificar o software (excepto por manter certos
avisos intactos).

Sen restricións para distribuír ou incluso vender o software.

Este último punto, que permite vender o software a cambio de cartos, parece
ir en contra da idea de software libre, pero é realmente unha das súas fortalezas.
Xa que a licenza permite unha distribución libre, unha vez que unha persoa
obteña unha copia poderá distribuíla ela mesma. Poderá incluso tratar de
vendela. Na práctica, a copia electrónica de software non ten esencialmente
ningún custo. A oferta e a demanda manterá o custo baixo. Se resulta convínte
para un software moi grande, ou un agregado de software, ser distribuído sobre
algún soporte, como un CD, o vendedor é libre de cobrar o que considere. Se o
marxe de beneficio é demasiado alto, aparecerán novos vendedores no mercado e
a competencia baixará os prezos. Como resultado, pode mercar unha publicación
de Debian en CDs por só uns poucos euros.

Inda que o software libre non está totalmente libre de restricións (so
algo no dominio público o está), dálle ao usuario a flexibilidade de facer o que
precisa para traballar. Ao mesmo tempo, protexe os dereitos do autor. Iso é
liberdade.

O proxecto Debian apoia o software libre. Xa que se usan moitas licenzas
diferentes no software, desenvolvéronse unhas directrices, as
directrices de software libre de Debian (DFSG)
, para ter unha definición razoable do que constitúe software libre. A
distribución principal (main) de Debian só permite software que cumpra cas
DFSG.

© 2014-2024 Faster IT GmbH | imprint | privacy policy