aboutsummaryrefslogtreecommitdiffstats
path: root/galician/intro/about.wml
blob: fc08b6082e5d93b42ffa98afc55e71edb194d74e (plain) (blame)
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
197
198
199
200
201
202
203
204
205
206
207
208
209
210
211
212
213
214
215
216
217
218
219
220
221
222
223
224
225
226
227
228
229
230
231
232
233
234
#use wml::debian::template title="Sobre Debian"
#include "$(ENGLISHDIR)/releases/info"
#use wml::debian::translation-check translation="6ad3e0c1b393281ca93968208781048d5c622510" maintainer="Jorge Barreiro González"

Entón, que é Debian?

É todo gratis?

Dicides que é gratis, pero os CDs e o ancho de banda custan
cartos!

A maioría do software custa máis de cen euros. Como
podedes regalalo?

Que hardware se pose usar?

Preciso máis información antes de decidirme.

Aínda non me convence. Cales son os pros e os contras de
Debian?

Como obteño Debian?

Non son capaz de configuralo por min mesmo.
Onde podo conseguir asistencia para Debian?

E quen sodes todos vós?

Quen usa Debian?

Como comezou todo?

Que é Debian?

O proxecto Debian é unha asociación de persoas que
xuntaron as súas forzas para crear un sistema operativo libre.
O sistema operativo que creamos chámase Debian.

Un sistema operativo é o conxunto de aplicativos e utensilios básicos que fan
que a súa computadora funcione.
No centro dun sistema operativo está o núcleo. O núcleo é o aplicativo máis
básico dunha computadora, realiza todas as tarefas de xestión interna e
permítelle iniciar outros aplicativos.

O sistema Debian usa actualmente o núcleo
Linux ou o núcleo
FreeBSD. Linux é unha peza de software
comezada por Linus Torvalds
e asistida por miles de programadores de todo o mundo. FreeBSD é un sistema
operativo que inclúe un núcleo e outro software.

Ademais, estase traballando para fornecer Debian con outros núcleos,
principalmente para
o Hurd.
O Hurd é unha colección de servidores que se executan sobre un micronúcleo
(como Match) para implementar diferentes funcionalidades. O Hurd é software
libre producido polo proxecto GNU.

Unha boa parte das ferramentas básicas que completan o sistema operativo veñen
do proxecto GNU, e de aí os nomes:
GNU/Linux, GNU/kFreeBSD e GNU/Hurd. Estas ferramentas tamén son libres.

Por suposto, o que quere a xente son aplicativos: software para axudalos a
facer o que eles queren, desde editar documentos a levar un negocio, xogar
ou escribir máis software. Debian vén con máis de <packages_in_stable>
paquetes (software precompilado empaquetado en
un formato axeitado para unha instalación sinxela na súa máquina) —
todo el libre.

É un pouco como unha torre. Na base está o núcleo. Enriba del están as
ferramentas básicas. Despois está todo o software que executa na súa
computadora. E enriba de todo da torre está Debian — organizando
coidadosamente e encaixando todo para que funcione en conxunto.

É todo gratis?

Pode que te esteas preguntando: porqué ía alguén a gastar horas do seu propio
tempo en escribir software, empaquetalo coidadosamente e despois
regalalo todo? As respostas son tan variadas como a xente que
contribúe. A algúns gústalles axudar aos demais. Moitos escriben aplicativos
para aprender máis sobre as computadoras. Cada vez máis xente busca maneiras de
evitar os prezos inflados do software. Unha multitude crecente contribúe como
forma de dar grazas por todo o magnífico software que obtiveron de outros. Moitos,
en ambientes académicos, crean software libre para axudar a que os resultados
das súas investigacións se volvan amplamente usados. Algunhas empresas axudan a manter
software libre de forma que poidan ter algo que dicir no seu desenvolvemento;
non hai forma máis rápida de obter unha nova característica que implementándoa
un mesmo! E por suposto, moitos de nós simplemente o atopamos moi divertido.

Debian está tan dedicado ao software libre, que pensamos que sería útil se
esa dedicación se formalizara nun documento escrito. Así naceu o noso
contrato social.

Aínda que Debian cre no software libre, hai casos en que a xente quere ou
precisa usar software non libre na súa máquina. Sempre que sexa posíbel Debian
permitirá isto. De feito, existe un crecente número de paquetes cuxo único
obxectivo é instalar software non libre en un sistema Debian.

Dicides que é gratis, pero os CDs e o ancho de banda custan
cartos!

Pode que te preguntes: Se o software é gratis, porqué teño que pagar a un
vendedor por un CD ou a un ISP para descargalo?

Cando mercas un CD, estás pagando polo tempo de alguén e pola inversión de
capital para facer os discos, e polo risco (en caso de que non os venda todos).
En outras palabras, estás pagando por un medio físico usado para enviar o
software, non polo software en si.

Cando usamos a palabra «libre», referímonos á liberdade do
software, non a que non leve custos. Pode ler máis sobre
o que nós interpretamos como «software libre» e
o que a Free Software
Foundation di ao respecto.

A maioría do software custa máis de 100€. Como podedes
regalalo?

Unha pregunta mellor é como conseguen as empresas pedir tanto? O software non
é como facer un coche. Unha vez que fixeches unha copia do teu software, os
custos de produción para facer un millón máis de copias son minúsculos (hai
boas razóns polas que Microsoft ten tantos millóns no banco).

Podes velo doutra maneira: se ti tiveras unha fonte inesgotábel de area no
patio de atrás, poderías querer regalar area. Sería tonto, de todas formas,
pagar un camión para levala onda os outros. Farías vir collela
eles mesmos (o equivalente a descargalo da rede) ou poderían pagar a alguén para
que lla leve á súa porta (o equivalente a comprar un CD). Así é exactamente
como opera Debian e porqué a maioría dos CDs e DVDs son tan baratos (só uns 12
USD por 4 DVDs).

Debian non gaña cartos pola venta de CDs. Ó mesmo tempo, precisa
cartos para pagar gastos como o rexistro do dominio ou o hardware. Por iso
pedimos que compre a un dos distribuidores de CDs
que doan unha parte da súa compra a Debian.

Que hardware se pode usar?

Debian funcionará en case todas as computadoras persoais, incluíndo os
modelos máis antigos. Cada nova versión de Debian xeralmente permite usar un
maior número de arquitecturas de computadoras. Para ter unha lista completa
das admitidas actualmente consulte a
documentación da versión estábel.

Pódese usar case todo o hardware común. Se quere asegurarse de que todos
os dispositivos conectados á súa máquina se poden usar, consulte a
receita de compatibilidade
hardware con Linux.

Hai algunhas empresas que fan que sexa complicado permitir usar o seu
hardware porque non publican as especificacións para o mesmo. Isto significa
que ao mellor non podes usar o seu hardware con GNU/Linux. Algunhas empresas
ofrecen controladores non libres, pero iso é un problema porque a empresa
podería pechar, ou deixar de ofrecer asistencia para o hardware que ti tes.
Recomendamos que só compre hardware de fabricantes que proporcionen
controladores libres para os seus produtos.

Busco máis información.

Pode que queiras consultar as nosas
preguntas frecuentes.

Aínda non me convence.

Non ten porqué crer na nosa palabra: probe Debian vostede mesmo. Xa que o
espazo en disco é agora moito máis barato, seguramente poida dedicar uns
2 GB. Se non quere ou non precisa un escritorio gráfico, con 600MB serán
suficientes. Debian pódese instalar facilmente en este espazo extra e pode
coexistir co seu sistema operativo actual. Se en calquera momento precisa máis
espazo, pode simplemente borrar un dos seus sistemas operativos (e despois de
que vexa o poder dun sistema Debian, confiamos en que non borrará Debian).

Xa que probar un novo sistema operativo lle consumirá algo do seu valioso
tempo, enténdese que teña reservas. Por esta razón compilamos unha lista de
pros e contras de Debian. Isto debería axudarlle a
decidir se lle vale a pena. Esperamos que aprecie a nosa honestidade e
franqueza.

Como obteño Debian?

O máis común é instalar Debian dun CD que pode mercar polo prezo do soporte
físico a un dos nosos moitos distribuidores de CDs. Se ten un bo acceso a internet,
pode descargar e instalar Debian da rede.

Consulte a nosa páxina sobre obter Debian se
quere máis información.

Se aínda non o fixo, pode querer primeiro consultar a
receita de compatibilidade
hardware con Linux.

Non esqueza botar unha ollada aos paquetes
que ofrecemos (esperamos que non lle intimide o vertixinoso número).

Non podo configuralo por min mesmo.
Como podo obter asistencia para Debian?

Pode obter axuda lendo a documentación que está dispoñíbel tanto no sitio
web como en paquetes que pode instalar no seu sistema. Tamén pode contactar
connosco usando as listas de correo ou o IRC. Incluso pode contratar a un
asistente técnico para facer o traballo.

Consulte as nosas páxinas de documentación e
asistencia para obter máis información.

E quen sodes todos vós?

Debian é producido por case un millar de
desenvolvedores activos espallados por
todo o mundo que traballan voluntariamente
no seu tempo libre. Poucos dos desenvolvedores se coñeceron realmente en
persoa. As comunicacións realízanse sobre todo por correo electrónico (listas
de correo en «lists.debian.org») e no IRC (no canal #debian en
«irc.debian.org»).

O proxecto Debian ten unha estrutura coidadosamente
organizada. Se quere máis información sobre como é Debian por dentro,
síntase libre de navegar polo recuncho dos
desenvolvedores.

Quen usa Debian?

Aínda que non hai estatísticas precisas dispoñíbeis (xa que Debian non
esixe aos usuarios que se rexistren), hai fortes evidencias de que Debian se
usa en un amplo rango de organizacións, grandes e pequenas, así como por miles
de persoas. Consulte a páxina Quen usa Debian? para
ter unha lista de organizacións de alto perfil que enviaron descricións curtas
de como e porqué usan Debian.

Como comezou todo?

Debian foi comezado en agosto de 1993 por Ian Murdock, como unha nova
distribución que se desenvolvería de forma aberta, co mesmo espírito de Linux e GNU.
Debian pretendía ser coidadosa e concienciudamente ensamblada, e ser mantida co
mesmo coidado. Comezou como un pequeno e moi unido grupo de hackers de software
libre, e creceu gradualmente ata converterse nunha grande e ben organizada
comunidade de desenvolvedores e usuarios. Consulte
a historia en detalle.

Xa que moitos preguntaron, Debian pronúnciase /ˈde.bi.ən/. Vén dos
nomes do creador de Debian, Ian Murdock, e da súa muller, Debra.

© 2014-2024 Faster IT GmbH | imprint | privacy policy