aboutsummaryrefslogtreecommitdiffstats
path: root/galician/MailingLists
diff options
context:
space:
mode:
authorJorge Barreiro <yortx-guest>2014-03-16 23:55:53 +0000
committerJorge Barreiro <yortx-guest>2014-03-16 23:55:53 +0000
commit482dd37ae0d2f1f89ee8b5f9dfb907cee473b1c7 (patch)
tree5d2941fa7e249fb134e2ede56102c1ea0d1a80cf /galician/MailingLists
parent8c82b276d368fee9ca744fefaed20c6581274474 (diff)
Complete Galician translation for all "important" pages.
CVS version numbers galician/CD/Makefile: INITIAL -> 1.1 galician/CD/index.wml: INITIAL -> 1.1 galician/MailingLists/index.wml: INITIAL -> 1.1 galician/doc/Makefile: INITIAL -> 1.1 galician/doc/index.wml: INITIAL -> 1.1 galician/mirror/Makefile: INITIAL -> 1.1 galician/mirror/list.wml: INITIAL -> 1.1 galician/security/Makefile: INITIAL -> 1.1 galician/security/index.wml: INITIAL -> 1.1
Diffstat (limited to 'galician/MailingLists')
-rw-r--r--galician/MailingLists/index.wml265
1 files changed, 265 insertions, 0 deletions
diff --git a/galician/MailingLists/index.wml b/galician/MailingLists/index.wml
new file mode 100644
index 00000000000..a6bfabb5d5e
--- /dev/null
+++ b/galician/MailingLists/index.wml
@@ -0,0 +1,265 @@
+#use wml::debian::template title="Listas de correo"
+#use wml::debian::toc
+#use wml::debian::translation-check translation="1.47" maintainer="Jorge Barreiro González"
+<toc-display/>
+<toc-add-entry name="intro">Introdución</toc-add-entry>
Debian desenvólvese de forma distribuída en
+todo o mundo. Por iso o correo electrónico é o medio preferido para
+debater os diversos temas. A maioría das conversas entre desenvolvedores de
+Debian e usuarios xestiónase a través de varias
+listas de correo.
Hai moitas listas públicas, o que significa que calquera pode ler o que
+se envíe e participar nas discusións. Animamos a todo o mundo a axudar no
+desenvolvemento de Debian e a correr a voz sobre o software libre. Tamén hai
+unhas poucas listas dispoñíbeis só para os desenvolvedores oficiais de Debian;
+o que non debe interpretarse como un desenvolvemento pechado, simplemente ás
+veces non ten moito sentido discutir temas internos cos non desenvolvedores.
Todas as listas de correo orixinais de Debian se executan nun servidor
+especial, usando un software de procesado automático de correo chamado SmartList.
+Este servidor chámase
+lists.debian.org.
+Todas as mensaxes de envíos, subscrición e baixa teñen que ser enviadas
+a un enderezo concreto desta máquina.
+<toc-add-entry name="basics">Uso básico</toc-add-entry>
Cada lista de correo de Debian ten un enderezo de envío da forma
+<kbd><var>nomedalista</var>@lists.debian.org</kbd>, un enderezo de petición de
+control coa forma <kbd><var>nomedalista</var>-request@lists.debian.org</kbd>,
+e unha páxina web en <kbd>http://lists.debian.org/<var>nomedalista</var>/</kbd>.
Para enviar un correo a unha lista, simplemente envíeo ao enderezo de envío.
+Para subscribirse a unha lista e poder ler os correos en canto chegan, ou para
+darse de baixa da lista, use o enderezo de petición de control
+(lea máis adiante).
A lista actual das listas de correo dispoñíbeis está en
+<url "http://lists.debian.org/">, e preséntase tanto ordenada por tema como
+sen ordenar.
Tamén mantemos unhas estatísticas
+de uso das listas de correo: comprobe a media de envíos antes de subscribirse
+a unha lista para evitar recibir unha marea de correos.
+<toc-add-entry name="disclaimer">Descargo de responsabilidades / Política de privacidade / Información legal</toc-add-entry>
As listas de correo son foros públicos.
Todos os correos enviados ás listas se distribúen aos subscritores da lista e
+cópianse no arquivo público, para que a
+xente poida navegar ou
+buscar sen necesidade de
+subscribirse.
Ademais, pode navegar as nosas listas de correo como grupos de noticias de
+Usenet. Pode facerse usando unha interface web, como
+Google
+ou Gmane.
Pode haber outros lugares onde se distribúan as listas. Asegúrese de non enviar
+nunca material confidencial ou sen licenza ás listas. Isto inclúe os
+enderezos de correo electrónico. Avísase especialmente do feito de que se sabe
+que «spammers», viruses e vermes teñen utilizado enderezos de correo enviados
+ás nosas listas de correo.
Debian mantén as listas de correo de boa fe e tomará medidas para frear os
+abusos e manter ininterrompido o servizo normal. Ao mesmo tempo, Debian non se
+fai responsábel de ningún dos envíos ás listas de correo nin de nada do que
+poida suceder con relación a eles.
Consulte o noso descargo de responsabilidade para
+obter máis información.
+<toc-add-entry name="subunsub">Subscrición / Baixa</toc-add-entry>
Calquera pode subscribirse/darse de baixa por si mesmo de calquera lista de
+correo, supoñendo que a política de subscrición desa lista sexa aberta.
Pode usar simples formularios web para subscribirse ou darse de baixa dunha
+lista concreta, dispoñíbeis nas respectivas páxinas web en
+<url "http://lists.debian.org/">.
Para subscribirse ou darse de baixa de varias listas de correo á vez, use os
+formularios web de subscricións ou
+baixas, respectivamente.
+A páxina anterior tamén inclúe descricións e a política de subscrición de cada
+lista.
A petición de subscrición ou baixa tamén pode ser enviada por correo
+a un enderezo especial de control, que é lixeiramente diferente do enderezo da
+lista. As mensaxes de subscrición ou baixa NON deben enviarse
+ao enderezo da propia lista.
Para subscribirse ou darse de baixa dunha lista de correo, envíe un correo a
coa palabra subscribe ou unsubscribe no asunto.
Recorde o «-REQUEST» no enderezo.
Como parte do proceso de subscrición, o software da lista enviaralle un correo
+ao que debe responder para finalizar a subscrición. Esta é unha medida de
+seguridade para evitar que a xente poida subscribir a outros ás listas sen o
+seu permiso.
Fallos comúns no proceso de subscrición / baixa
Recorde que unha petición de baixa debe ser enviada desde o
+enderezo que está subscrito. De non ser posíbel, o asunto da mensaxe debe
+ser: unsubscribe
+<var>enderezosuscrito@dominio.suscrito</var>, ou pode usar o formulario
+web de baixa.
Se recibe correo dunha lista de correo pero non pode atopar o enderezo co cal
+está subscrito, pode mirar as cabeceiras completas das mensaxes recibidas, que
+conterán algo como isto:
+ From bounce-debian-foo=quux=example.com@lists.debian.org Tue Apr 22 01:38:14 2003
Isto dille con certeza que a lista en cuestión se chama debian-foo
+e que o enderezo subscrito é quux@example.com. Neste caso ficticio
+enviaría un correo a <kbd>debian-foo-request@lists.debian.org</kbd> con
+<kbd>unsubscribe quux@example.com</kbd> no campo «Asunto».
Desafortunadamente é imposible agora mesmo subscribirse cun nome de usuario
+que encaixe ca comprobación de «procmail» de correo que vén dun servizo. Isto
+significa que un nome de usuario non pode ter as cadeas mail,
+admin, root, master ou similares nel (consulte
+<kbd>procmailrc(5)</kbd> para FROM_DAEMON).
Outra limitación coñecida do software das nosas listas de correo é que a
+maioría dos correos electrónicos rexeitados fano silenciosamente, polo que o
+usuario non ten ningunha indicación sobre o que puido ir mal. Por exemplo, é
+moi común que a xente trate de subscribirse cun enderezo que xa está
+subscrito: SmartList simplemente ignorará ese correo.
Se non está seguro de se está subscrito a unha das nosas listas de correo,
+envíe un correo a <email majordomo@lists.debian.org> con
+<kbd>which <var>o.teu.enderezo@de.correo</var></kbd> no corpo da mensaxe.
+dispoñíbel enviando outro correo ó mesmo enderezo con
+<kbd>help</kbd> no corpo da mensaxe.
+<toc-add-entry name="codeofconduct">Código de conduta</toc-add-entry>
Cando use as listas de correo de Debian prégaselle que siga estas regras:
As listas de correo existen para fomentar o desenvolvemento e uso de Debian.
+As mensaxes non construtivas ou que non teñan que ver co tema, entre outros
+abusos, non serán benvidas.
Non envíe correo lixo (spam)
+ ; consulte a política de publicidade máis abaixo.
Envíe todos os seus correos en inglés. Use só outros idiomas nas listas
+onde iso está explicitamente permitido (por exemplo, castelán na lista debian-user-spanish).
Asegúrese de que está a usar a lista correcta. En concreto, non envíe
+cuestións de usuarios a unha lista sobre desenvolvemento.
Escriba liñas de 80 caracteres ou menos para as discusións normais. As
+liñas de máis de 80 caracteres son aceptábeis para a saída xerada por ordenador
+(por exemplo, <kbd>ls -l</kbd>).
Non envíe mensaxes automáticas de fora da oficina ou
+de vacacións.
Non envíe mensaxes de proba para saber se o seu cliente de correo
+funciona.
Non envíe peticións de subscrición ou baixa ao enderezo da lista;
+use o enderezo <tt>-request</tt> respectivo no seu lugar.
Nunca envíe mensaxes en HTML; en vez diso use texto plano.
Evite enviar adxuntos grandes.
Non cite mensaxes que lle foron enviadas por outros nun correo privado,
+a menos que teño o seu consentimento de antemán.
Cando responda a mensaxes na lista de correos, non envíe unha copia (campo CC)
+ao autor orixinal a menos que este o pedise explicitamente.
Se quere queixarse a alguén que lle enviou unha copia cando vostede non a
+pediu, fágao en privado.
Se envía mensaxes a listas ás que non está subscrito, coménteo no corpo
+da súa mensaxe.
Non use palabras obscenas; entre outras cousas algunhas persoas reciben as listas a través de
+radio por paquetes, onde a linguaxe obscena é ilegal.
Trate de non
+ provocar; non é de boa educación.
Use sempre o sentido común.
+<toc-add-entry name="maintenance">Mantemento das listas</toc-add-entry>
Se quere pedir unha nova lista de correos, lea o
+HOWTO.
Se ten problemas para subscribirse ou darse de baixa, asegúrese de ter
+seguido o procedemento correcto
+antes de tratar de contactar connosco. Asegúrese de que leu
+os problemas relacionados coa subscrición/baixa.
Para contactar co mantedor das listas, envíe un correo en inglés
+a <email "listmaster@lists.debian.org">.
+Tamén pode encher un informe de erro
+no pseudo-paquete
+lists.debian.org.
Se non puido darse de baixa dunha lista de correo, inclúa unha copia de todas
+as cabeceiras dunha mensaxe de exemplo que recibira de esa lista no seu correo.
+<toc-add-entry name="ads">Política de publicidade nas listas de correo de Debian /
+Loita contra o correo lixo</toc-add-entry>
O envío de calquera tipo de correo masivo non solicitado (tamén coñecido como
+correo lixo ou spam) a calquera das listas de Debian está prohibido.
+Aos autores destes envíos poderánselle bloquear os envíos ás listas e ser
+notificados ás autoridades relevantes.
Os xestores das listas de Debian fan todo o que poden para evitar que cheguen
+ás listas tantos destes correos como sexa posíbel. Un día normal bloquéanse
+máis de 40.000 destas mensaxes.
Moitas das regras que usamos para bloquear aos «spammers» e ás súas mensaxes
+fóronnos notificadas polos subscritores. Se quere axudar a reducir a cantidade de
+correo lixo inda máis, apreciarase moito a súa axuda.
+Para notificar o correo lixo correctamente terá que facer o seguinte:
Atope unha copia da mensaxe nos
+ arquivos da lista.
Atope unha regra de SpamAssassin que detecte este tipo de correo lixo.
+Teña en mente que esta regra se aplicará a todas as listas, e que queremos manter
+os falsos positivos ao mínimo. (pode ver o conxunto das nosas regras en <url
+ "http://svn.debian.org/viewsvn/pkg-listmaster/trunk/spamassassin_config/">)
Envíe un correo a <email "listmaster@lists.debian.org"> coa
+ URL exacta da mensaxe e a citada regra de filtro, de ser posíbel.
Terá unha resposta en cando en canto atendamos o seu envío.
+Teña en conta que só se actuará nas mensaxes de correo lixo notificadas que se
+enviaran nas últimas horas, porque non ten sentido ter regras de filtrado antigas.
+Ademais, non envíe listas de regras preempaquetadas que atope nalgún lugar.
+Moi raras veces dan bos resultados nas nosas listas, que reciben
+un tráfico bastante especial.
Non permita que ningún correo dos que reciba dunha lista de Debian se envíe a
+un sistema automático de notificacións de correo lixo. Facelo normalmente dana a
+todos os usuarios e obrigaranos a impedir que reciba tráfico das listas de Debian
+ata que probe que non o volverá a facer.
Pode atopar máis esforzos para reducir o correo lixo nas listas e no arquivo
+<url "http://lists.debian.org/"> en
+<url "http://wiki.debian.org/Teams/ListMaster/ListArchiveSpam">
© 2014-2024 Faster IT GmbH | imprint | privacy policy