#use wml::debian::template title="As versións de Debian" #include "$(ENGLISHDIR)/releases/info" #use wml::debian::translation-check translation="5a06cb0b7c1d40b7fce8df999b99a6c779b7764d" maintainer="Jorge Barreiro González"

Debian sempre ten, polo menos, tres versións cun mantemento activo: stable (estábel), testing (en probas) e unstable (inestábel).

stable

A distribución «stable» contén a última versión oficial de Debian.

Esta é a versión de produción de Debian, a que recomendamos usar principalmente.

A distribución «stable» actual de Debian é a versión <:=substr '', 0, 2:>, co nome en clave de . " "" "Foi publicada o ." /> " "" "Foi inicialmente publicada coa versión o e a súa última actualización, coa versión , foi publicada o ." />

testing

A distribución «testing» contén paquetes que non foron aínda aceptados na distribución «stable», pero están na cola para iso. A principal vantaxe de usar esta distribución é que ten versións máis recentes do software.

Consulte o FAQ de Debian para obter máis información sobre o que é «testing» e como se convirte en «stable».

A versión actual da distribución «testing» é .

unstable

A distribución «unstable» é onde ten lugar o desenvolvemento activo de Debian. En xeral, esta distribución úsana os desenvolvedores e aqueles aos que lles gusta vivir ao límite.

A distribución «unstable» ten o nome en clave de sid.

Índice de versións

As páxinas web das versións obsoletas consérvanse intactas, pero as versións en si só se poden atopar nun arquivo separado.

Consulte o FAQ de Debian para saber de onde veñen todos os nomes.

Integridade dos datos nas publicacións

A integridade dos datos está garantida por un ficheiro Release asinado dixitalmente. Para asegurarse de que todos os ficheiros na publicación pertencen a ela, cópianse as sumas MD5 de todos os ficheiros Packages no ficheiro Release.

As sinaturas dixitais deste ficheiro gárdanse no ficheiro Release.gpg, usando a versión actual da chave de asinado do arquivo. Para «stable» e «oldstable» xérase unha sinatura adicional usando unha chave sen conexión xerada para cada versión específica por un membro do \ equipo da versión estábel (Stable Release Team).