#use wml::debian::template title="Réplicas de Debian no mundo" BARETITLE=true #use wml::debian::translation-check translation="8da95139c3595d47371ba8d288784086ae2ebacd" maintainer="Jorge Barreiro González"

Debian está distribuído (replicado) en centos de servidores por internet. Usar un servidor próximo a vostede seguramente acelere a descarga, e reducirá a carga sobre os nosos servidores centrais e sobre internet en xeral.

As réplicas de Debian poden ser primarias ou secundarias. As definicións son as seguintes:

Unha réplica primaria ten un bo ancho de banda, está dispoñíbel 24 horas ao día e ten un nome doado de lembrar, do tipo ftp.<país>.debian.org.
Todos eles se actualizan automaticamente cada vez que hai actualizacións no arquivo de Debian.

Unha réplica secundaria pode que restrinxa o que replica (por restricións de espazo). Só por ser secundario, non significa necesariamente que unha réplica vaia ser máis lenta ou menos actualizada que unha primaria.

Use a réplica máis próxima a vostede para conseguir as descargas máis rápidas posíbeis, sexa unha réplica primaria ou secundaria. Pode usarse o aplicativo \ netselect para determinar a réplica con menos latencia. Use un aplicativo de descargas como \ wget ou \ rsync para determinar a réplica con mellor taxa de baixada. A proximidade xeográfica moitas veces non é o factor máis importante para saber que servidor lle funcionará mellor.

Para todo o demais que queira saber sobre as réplicas de Debian: .

Réplicas primarias de Debian

#include "$(ENGLISHDIR)/mirror/list-primary.inc"
País Sitio web Arquitecturas

Réplicas secundarias do arquivo de Debian

#include "$(ENGLISHDIR)/mirror/list-secondary.inc"
Nome do servidor FTP HTTP Arquitecturas
#include "$(ENGLISHDIR)/mirror/list-footer.inc"