#use wml::debian::template title="Contactando connosco" NOCOMMENTS="yes" #use wml::debian::translation-check translation="75b5b8a7cc43e45bfafa02d6bb2924f2f7201582" maintainer="Jorge Barreiro González"
Debian é unha organización grande e hai moitas formas de contactar con ela. Esta páxina recompila os modos de contacto que se demandan máis a miúdo; non é en absoluto exhaustiva. Consulte as demais páxinas para coñecer outros métodos de contacto.
Fíxese en que a maioría de enderezos de correo electrónico que se listan embaixo son listas de correo abertas, con arquivos públicos. Lea o \ descargo de responsabilidade antes de enviar ningunha mensaxe.
O inglés é o idioma común para a comunicación cos desenvolvedores de Debian. Por iso pedimos que as consultas iniciais aos desenvolvedores se fagan en inglés. De non ser posible, contacte a través da lista de correo de usuarios para o seu idioma.
A maioría da información sobre Debian recóllese no noso sitio web, https://www.debian.org/, así que navegue e busque nel antes de contactar connosco.
As nosas preguntas frecuentes (FAQ) darán resposta a moitas das súas cuestións.
As dúbidas sobre o proxecto Debian en xeral poden enviarse á lista de correo
debian-project en Se está seguro de que a documentación dos medios de instalación ou do noso sitio
non ofrecen unha solución ao seu problema, existe unha lista de correos para usuarios
moi activa onde usuarios e desenvolvedores de Debian poden responder as súas
cuestións: a lista de correo debian-user.
Todas as cuestións sobre
Adicionalmente, existen listas de correo para falantes de diversos idiomas.
Consulte a información
de subscrición a listas de correo internacionais.
Ademais, pode navegar polas nosas listas de correo como se fosen grupos de
noticias, usando unha interface web, como
Google
.
Se cree que atopou un fallo no noso sistema de instalación, envíe a
información
sobre o mesmo a
Quen queira pedir información para artigos, ou enviar novas para a nosa
páxina
de novas, debe contactar co noso
departamento de publicidade.
As invitacións a conferencias e
mostras ou outro tipo de eventos deben enviarse ao departamento de eventos. As peticións de
panfletos, pósters e participacións en Europa deben enviarse á
lista de
eventos europea. Se quere contactar con Debian para ofrecer axuda, consulte antes as
posíbeis formas en que pode axudar.
Se quere manter unha réplica de Debian consulte as páxinas sobre
replicar Debian. As novas réplicas envíanse usando
este formulario. Os problemas coas réplicas
existentes pódense notificar a Se quere vender CDs de Debian, consulte a \
información para vendedores de CDs. Para aparecer na lista de vendedores
de CDs use este formulario.
Se quere rexistrar un fallo nun paquete de Debian, temos un sistema de
seguimento de incidencias onde pode informar facilmente do seu problema.
Lea as instrucións para encher os informes de fallos.
Se só quere comunicarse co mantedor dun paquete de Debian, pode usar
o enderezo de correo especial configurado para cada paquete.
Calquera correo enviado a <nome do paquete>@packages.debian.org
será reenviado ao mantedor responsábel dese paquete.
Se quere advertir aos desenvolvedores dun problema de seguridade en Debian
de forma discreta, envíe un correo electrónico a
Se ten cuestións que están máis relacionadas co desenvolvemento, existen
varias listas de correo de
desenvolvemento en Debian que pode usar para contactar cos nosos desenvolvedores.
A lista xeral de desenvolvemento é debian-devel: pode
subscribirse a ela e
enviar un correo electrónico a
Para informar dun problema cun servizo de Debian normalmente poderá
enviar un informe de fallo no
pseudo-paquete apropiado.
Como alternativa, pode usar o correo electrónico para contactar con eles.
Debian é unha comunidade que valora o respecto e o diálogo. Se é
vítima de calquera comportamento que o dane ou sente que foi acosado,
tanto se é durante unha conferencia ou «sprint» organizado polo proxecto, ou
a través das interaccións xerais do proxecto, contacta connosco en:
Tamén temos unha lista completa de diferentes
postos e correos electrónicos que usar para contactar con diferentes partes
da organización.
Instalación e uso de Debian
deben enviarse a esa lista.
Simplemente subscríbase a
debian-user e envíe a súa cuestión a
Publicidade / Prensa
Eventos / Conferencias
Axuda a Debian
Notificar problemas nos paquetes de Debian
Desenvolvemento de Debian
Problemas coa infraestrutura de Debian
Problemas de acoso