From 09a509e465b22ec19b5b3b04155d0998d0a844c7 Mon Sep 17 00:00:00 2001 From: Laura Arjona Reina Date: Sat, 14 Aug 2021 23:53:35 +0200 Subject: Add Galician translation for bullseye releaese announcement --- galician/News/2021/20210814.wml | 277 ++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++ galician/News/2021/Makefile | 1 + 2 files changed, 278 insertions(+) create mode 100644 galician/News/2021/20210814.wml create mode 100644 galician/News/2021/Makefile (limited to 'galician') diff --git a/galician/News/2021/20210814.wml b/galician/News/2021/20210814.wml new file mode 100644 index 00000000000..b9c6cfb973f --- /dev/null +++ b/galician/News/2021/20210814.wml @@ -0,0 +1,277 @@ +Publicación do Debian 11 bullseye +2021-08-14 +#use wml::debian::news +#use wml::debian::translation-check translation="7ce619292bb7825470d6cb611887d68f405623ff" maintainer="Pablo " + + +

Tras 2 anos, 1 mes e 9 días de traballo o proxecto +Debian está orgulloso de presentar a nova versión estable 11 (alcumada bullseye), +que terá asistencia técnica para os seguintes 5 anos grazas ao esforzo de tanto o +equipo de Seguridad de Debian +como do equipo de Asistencia a Longo Prazo de Debian. +

+ +

+Debian 11 bullseye inclúe varias aplicacións e ambientes de +escritorio. Inclúense, entre outros, os seguintes ambientes: +

+ + + +

Esta versión contén máis de 11.294 paquetes novos, en total 59.551 paquetes. +Non se inclúen os máis de 9.519 paquetes que se marcaran coma obsoletos e +que foron eliminados. Actualizáronse 42.821 paquetes, e 5.434 quedaron sen modificar. +

+ +

+bullseye é a nosa primeira versión que inclúe un núcleo Linux con +compatibilidade co formato exFAT, e úsao por omisión para montar discos exFAT. +Grazas a isto xa non é preciso usar a implementación exFAT do tipo +sistema-de-ficheiros-en-espazo-de-usuario incluída no paquete exfat-fuse. As +ferramentas para crear e comprobar os discos exFAT inclúense no paquete exfatprogs. +

+ + +

+A maioría das impresoras modernas son capaces de imprimir sen controladores, +e de escanear sen precisar os controladores do fabricante, que non soen ser libres. + +bullseye inclúe un novo paquete, ipp-usb, que usa o protocolo independente +IPP sobre USB, compatible con moitas impresoras modernas. Isto permite se poida usar +un dispositivo USB como se fora un dispositivo de rede. O sistema de fondo sen +controladores oficial de SANE é sane-escl, do paquete libsane1, que usa o protocolo +eSCL. +

+ +

+Systemd en bullseye activa por omisión o rexistro permanente, co almacenamento +volátil como respaldo implícito. Isto permite que os usuarios que non usen características +específicas poidan desinstalar os vellos daemons rexistradores, e pasen a usar só o +rexistro de systemd. +

+ +

+O equipo de Debian Med está a contribuír na loita contra a COVID-19, +empaquetando os programas para a investigación da secuencia do virus e +para a loita contra a pandemia coas ferramentas usadas en epidemioloxía. +O equipo continuará centrándose nas ferramentas usadas nos dous campos +para o aprendizaxe automático. A colaboración con Control de Calidade e +Integración Continua é moi importante para obter resultados reproducibles, +que son a base da ciencia moderna. + +A Mestura Debian Med ten un conxunto de aplicacións, que precisan ter un alto +rendemento, que xa se poden beneficiar de SIMD a Esgalla. Para instalar os paquetes +que mantén o equipo Debian Med instale os metapaquetes chamados med-*, que están +na versión 3.6.x. +

+ +

+A partir de agora moitos idiomas, como o chinés, o xaponés ou o coreano; terán un novo +método de entrada de Fcitx 5, que é o sucesor do famoso Fcitx4 en buster. +Esta nova versión ten maior compatibilidade cos engadidos de Wayland (o xestor de +pantallas por omisión). +

+ +

+Debian 11 bullseye actualizou moitos paquetes e programas (máis de +o 72% dos paquetes da versión anterior), por exemplo: +

+ + +

+Esta grande selección de paquetes, e a tradicional extensa compatibilidade +con moitas arquitecturas, amosa como Debian se mantén fiel ao obxectivo +de ser O Sistema Operativo Universal. Debian é axeitado para usarse +de moitas formas: xa for coma sistema de escritorio, para portátiles, para +servidores de desenvolvemento, para sistemas múltiples; ou para servidores +de almacenamento, web ou bases de datos. Tamén os controis de calidade, +coma a instalación automática e as probas ao actualizar, realizados a todos +os paquetes do arquivo de Debian asegurase de que bullseye cumpre +as grandes expectativas que os usuarios poñen nas versións estables de Debian. +

+ +

+Debian é compatible con nove arquitecturas: +PC de 64 bits / Intel EM64T / x86-64 (amd64), +PC de 64 bits / Intel IA-32 (i386), +Motorola de 64 bits con extremidade menor/IBM PowerPC (ppc64el), +IBM S/390 de 64 bits (s390x), +para ARM, armel +e armhf para sistemas de 32 bits novos e vellos, +xunto con arm64 para a arquitectura de 64 bits AArch64, +e para MIPS, arquitecturas mipsel (extremidade menor) para os sistemas de 32 bits +e mips64el para os sistemas de 64 bits con extremidade menor. +

+ +

Quere probalo?

+

+Se só quere probar Debian 11 bullseye sen instalalo pode +usar calquera das imaxes en vivo («live»), que cargan e inician +o sistema operativo, en modo de só lectura, na memoria do ordenador. +

+ +

+Hai imaxes en vivo para as arquitecturas amd64 e +i386, e hai versións para DVD, unidades USB e arranque +dende a rede. O usuario pode escoller entre os distintos ambientes de +escritorio: GNOME, KDE Plasma, LXDE, LXQt, MATE e Xfce. +Debian Live bullseye ten unha imaxe en vivo normalizada, polo que é posible +probar un sistema Debian básico, sen ningunha interface gráfica. +

+ +

+Se lle agrada o sistema operativo ten a opción de instalalo dende a imaxe +cara o disco duro do ordenador. A imaxe inclúe tanto o instalador independente +Calamares coma o Instalador propio de Debian. +Pode atopar máis información nas +notas da versión e na +sección instalar imaxes en vivo, no sitio +web de Debian. +

+ +

+Se quere instalar Debian 11 bullseye directamente no disco duro +do seu ordenador pode escoller entre unha grande variedade de métodos de +instalación, como Blu-ray, DVD, CD, unidades USB ou a través dunha conexión +de rede. Mediante esas imaxes pódense instalar unha variedade de aplicacións e +ambientes de escritorio — Cinnamon, GNOME, KDE Plasma Desktop, LXDE, LXQt, +MATE e Xfce —. +Ademais tamén hai discos CD poliarquitectura, que permiten instalar a +un conxunto de arquitecturas a partir do mesmo disco. Ou sempre queda a opción +de crear unha unidade USB iniciable +(consulte a Guia de Instalación para máis detalles). +

+ +# Translators: some text taken from /devel/debian-installer/News/2021/20210802 + +

+Realizamos moitas modificacións no Instalador de Debian, +o que resultou nunha mellor compatibilidade co «hardware», +e outras características. +

+

+Nalgúns casos unha instalación exitosa pode ter problemas coa pantalla, +ao reiniciar no sistema instalado. Para estes casos hai algúns +arranxos dispoñibles +que poden permitir iniciar sesión de calquera forma. +Tamén hai un +método usando o isenkram +que permite que os usuarios detecten e instalen o microcódigo necesario +nos seus sistemas, de maneira automática. Por suposto, débense contrastar +os pros e contras de usar esta ferramenta, pois é probable que teña que +instalar paquetes non libres.

+ +

+ Ademais disto, a + imaxe non libre do instalador que inclúe paquetes co microcódigo + foi mellorada para que poida anticipar o microcódigo necesario + no sistema instalado (por exemplo, para as tarxetas gráficas de AMD + ou Nvidia; ou para os sistemas de audio de Intel de última xeración). +

+ +

+Para os usuarios da nube Debian ofrece soporte técnico directo +para moitas das plataformas da nube máis importantes. As imaxes +oficiais de Debian son fáciles de obter dende o mercado de cada imaxe. +Debian tamén publica imaxes OpenStack precompiladas +para as arquitecturas amd64 e arm64, +xa listas para descargar e usar en nubes locais. +

+ +

+Debian está dispoñible en 76 idiomas, a maioría deles dispoñibles +tanto nas interfaces de texto como nas interfaces gráficas. +

+ +

+As imaxes de instalación pódense descargar dende +bittorrent (forma recomendada), +jigdo, ou +HTTP; véxase +Debian en CD para máis información. bullseye estará +dispoñible en discos DVD, CD-ROM e Blu-Ray físicos dentro de pouco; +tamén se poderán obter mediante moitos vendedores. +

+ + +

Actualizar Debian

+

+As actualizacións a Debian 11 dende a versión anterior, Debian 10 +(alcumada buster), son xestionadas automaticamente na maioría +de configuracións pola ferramenta de xestión de paquetes APT. +

+ +

+En bullseye a suite de seguridade chámase bullseye-security, e os usuarios +deberían adaptar os seus ficheiros coas fontes de APT, segundo for necesario +ao actualizar. Se configurou APT para conxelar paquetes ou usar APT::Default-Release +é probable que teña que mudar cousas. Consulte a sección +Cambios na estrutura do arquivo de seguridade +das notas da versión para máis información. +

+ +

+Se está a actualizar de forma remota teña en mente a sección +Imposible conectarse mediante SSH durante a actualización. +

+ +

+Coma sempre os sistemas Debian deberían actualizarse sen problemas, no sitio, +sen ningún momento de pausa; pero recomendamos ler as notas da versión +para informarse dos posibles problemas, e por as instrucións detalladas sobre +como instalar e actualizar. Segundo pasen as semanas as notas da versión seguirán mellorándose +e traducíndose a outros idiomas. +

+ + +

Sobre Debian

+ +

+Debian é un sistema operativo libre, desenvolto por +milleiros de voluntarios de todo o mundo, que colaboran mediante +o Internet. Os fundamento do proxecto Debian son os seus colaboradores, +a dedicación ao Contrato Social de Debian e o Software Libre; e o seu +compromiso a manter o mellor sistema operativo posible. Esta nova versión +é outro importante paso nesa dirección. +

+ + +

Información de Contacto

+ +

+Para máis información visite as páxinas web de Debian en +https://www.debian.org/ ou envíe un correo electrónico a +<press@debian.org>. +

diff --git a/galician/News/2021/Makefile b/galician/News/2021/Makefile new file mode 100644 index 00000000000..f70216c7268 --- /dev/null +++ b/galician/News/2021/Makefile @@ -0,0 +1 @@ +include $(subst webwml/galician,webwml/english,$(CURDIR))/Makefile -- cgit v1.2.3